José Félix Soage escribe ao seu tío Joaquín Soage sobre o prezo do ouro e a situación político-económica da Arxentina e España.
Joaquín Acuña Soage escribe ao seu tío Joaquín Soage coa nova do pasamento do seu pai, Juan Acuña. Menciona que a muller que o coidou atendeuno moi ben e que ten dúas nenas, que se da a entender que son fillas de Juan Acuña.
Joaquín Acuña Soage escribe ao seu tío Joaquín Soage sobre os bens da familia paterna en Cangas, e a disposición que fixo deles por indicación do tío. Sinala que deixou o usufructo dunha casa e un ferrado para as fillas de Juan Acuña coa dona que o coidou.